viernes, 23 de marzo de 2012

En construción

 
Desde o  IES Chapela e IES Xunqueira I estanse organizando unha serie de xornadas de intercambio de experiencias e talleres que detallaremos nas seguintes entradas do blog.
As xornadas realizaranse en dous días.
O calendario provisional do 13 de abril en Pontevedra é o seguinte:
  • 9.30 Acollida
  • 10.00-12.00 Plenario: Xesús Fortes
  • 12.00-12.30 Pausa Café
  • 12.30-14.30 Experiencias:
    • Diana, método loczy
    • Sara Posada, Van Divulgación: Un mar de sentidos
    • Mayte Celeiro, Arela: Casas de familia e centros de día
    • Marta Santos, cooperación internacional
O calendario provisional do 5 de maio en Chapela é o seguinte:
  • 9.30 Acollida. Benvida do director Ángel Bello
  • 10.00-14.00 Obradoiros :
    • Lucía Eomaia, Doula
    • Fundación Theodora
    • A Run Rún, Xogos e enredos
    • Luís P rego
    • Obradoiro por confirmar
  • 12.00-12.30 Pausa- café
  • 16.00-17.00 Actividades, reunión das comisións e conclusións.
  • 17.00 Rolda de prensa final

lunes, 2 de mayo de 2011

CASAS DE FAMILIA, ARELA. poñente: Mayte Celeiro

http://www.arela.org/

ARELA nace en setembro de 1998 coa misión de fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
 Na nosa provincia contamos con dous recursos, un en Vigo e outro en Pontevedra.

Tras unha breve introdución da nosa poñente sobre as casas de familia e dos centros de día da fundación Arela, Mayte propúxonos unha dinámica repartindo dous modelos de ficha por grupos, unha dun centro de día e outra dunha casa de familia, na que tiñamos que por características sobre o que nós pensabamos destas entidades coa finalidade de aclarar as diferencias entre ambas.
A continuación deixounos un ratiño para que fixésemos preguntas para resolver dúbidas, un dos aspectos máis interesantes porque nos puxo como exemplos casos reais da súa experiencia.
De seguido, repartiunos outra ficha na que tivemos que decidir por grupos cómo afrontar diferentes obxectivos a través de actividades. A cada grupo deunos unha área diferente.
...

MÉTODO LOCZY impartido por Diana.

Diana nos ofreció, con esta experiencia, un punto de vista diferente al que estamos acostumbrados...
continuará e en proximos capitulos a experiencia de brasil.

EXPERENCIA UN MAR DE SENSACIÓNS, impartida por Sara Posada

Sara Posada traballa en "Van Divulgación Cultural S.L" creada no 2003, que se encarga de organizar,planificar e producir proxectos educativos e culturais.
Sara viu a promocionar o museo  do Mar e o museo de Salinae; e a mostrar a oferta pedagóxica que ofrecen o público en concreto o infantil. Ensinounos as técnicas que eles empregan para adaptar a información  que queren transimitir aos nenos, a pesar de non contar cunha educadora  na súa plantilla que os poida orientar nunha mellor adaptación das súas actividades .Ofreceunos a posibilidade de realizar as prácticas na súa empresa, animades-vos?

domingo, 17 de abril de 2011

As xornadas na prensa

I Xornadas de educación infantil. Intervivencia IES Xunqueira 1- IES Chapela.
Así recollía o Diario de Pontevedra as nosas xornadas.

Diario de Pontevedra 13-4-2011

Diario de Pontevedra 14-4-2011

(Unha vez aberto o enlac, facer doble click na imaxe para abrila e poder vela máis grande)

viernes, 15 de abril de 2011

As alunmas do IES A Xunqueira I dan a benvida aos compañeiros e compañeiras do IES de Chapela.

O primeiro día de xornadas varios ponentes amosáronos diferentes experiencias para o noso futuro como educadores e educadoras infantiles.


miércoles, 13 de abril de 2011

O día 13 de abril no IES da Xunqueira I en Pontevedra deron comezo unhas xornadas 

"I intervención Chapela – Xunqueira”


Comezamos dandolle a benvida aos compañeiros e compañerias de Chapela coa búsqueda do chupete de identificación.

Posteriormente asistimos a unha charla todos xuntos de Xesús Fortes.

Durante o descanso o grupo de animación elaborou un obradoiro de pulseiras

Para rematar o día por grupos de 26 personas asistimos a diferentes experiencias:

            Método Loczy
            Experciencia educativa en Brasil
            Casas de familia
            Un mar de experiencias

jueves, 7 de abril de 2011

VAN DIVULGACIÓN


Esta é a última experiencia confirmada para o mércores 13 na Xunqueira: "Un mar de sentidos" e "Salinae". A primeira e a experiencia que desenvolven no Museo do Mar de Vigo, e a segunda a desenvolvida nas salinas de Vigo.
Constituida en 2003, Van Divulgación Cultural, deseña, planifica e produce proxectos culturais e educativos. Van proporciona solucións integrais en difusión cultural, xestión, coordinación e promoción de actividades de educación cultural e medioambiental. Nestes oito anos de traxectoria no sector da xestión cultural ligada aos principais organismos públicos galegos creáronse os departamentos pedagóxicos do MARCO, o Museo do Mar de Galicia, a Fundación Laxeiro e o CAT (Centro de Artesanía Tradicional de Vigo). No Museo do Mar, nos últimos cinco anos desenvolvemos actividades como a atención ao público, a xestións dos grupos de turistas e escolares, o departamento pedagóxico, a redacción de unidades didácticas e outros elementos de difusión.

ASÍ PREPARAMOS AS XORNADAS EN A XUNQUEIRA 1...
grupo de audiovisuais

grupo de animación


grupo de avaliación

grupo de publicidade e decoración

grupo de materiais e espazos

grupo de publicidade

decorando caixas

preparando murais

identificacións

chupetes

grupo de publicidade