jueves, 24 de marzo de 2011

Lucía, doula. Fundación Eomaia

http://www.youtube.com/watch?v=7JC2X_KT2yY

Lucía, doulaserá  outra das responsables de ofrecer un obradoiro en Chapela no mes de maio.
A Fundación Eomaia, constitúese en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, e desa experiencia nace a necesidade de desenvolvelas dentro dun ámbito humano, procurando redes de colaboración e comunicación.
O seu propósito é resolver, crear confianza, garantir recursos e ampliar posibilidades nos temas vitais: respecto humano e da natureza, acompañamento ás nais desfavorecidas , amor á vida e o seu desenvolvemento.

Andrea Bayer. Galitoon

                             http://www.youtube.com/watch?v=HARxQR4mmKk


Galitoon é unha empresa galega de TV, teatro e espectáculos, que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación por encontrar un selo propio e un modelo creativo de negocios basado en contidos intelixentes. Está composta por un equipo interdisciplinario e bicultural (España e México) que suma a experiencia profesional dos seus integrantes: producción e dirección de TV (cultural, educativa e de entretemento), construcción e operación de títeres (muppets), deseño e elaboración de escenografías, dramaturxia e actuación, producción de espectáculos, experimentación con TICs, educación, etc..
Será Andrea Bayer, integrante do grupo Galitoon, a encargada de levar a cabo o obradoiro organizado en Chapela.

Luís Prego Fernández



Temos o pracer de comunicarvos, que Luís Prego Fernández, autor do libro "Para Cantar e Bailar", será o responsable de levar a cabo outro dos talleres  das xornadas de intervivencia, o día 5 de Maio no I.E.S Chapela.
Este libro é unha recompilación de 23 xogos tradicionais que incorporan melodía combinando a canción e o baile, que Luís Prego Fernández recolleu ao longo da súa dilatada experiencia como profesor en diferentes grupos de baile.

Fundación Theodora


Confírmase a asistencia da Fundación Theodora para a realización dun obradoiro na data fixada  (5 de Maio)      ás xornadas que se levarán a cabo entre o I.E.S Chapela e o I.E.S a Xunqueira I.
Dende marzo de 2000, esta fundación traballa co obxectivo de aliviar o sufrimento dos nenos hospitalizados, a través da risa. Para isto, forma aos chamados Doutores Sorriso, artistas profesionais, especialmente preparados para traballar no medio hospitalario. Cada tarde os Doutores Sorriso, visitan habitación por habitación aos nenos ingresados nos 20 hospitais españois, nos que traballa a Fundación Theodora, levando sorrisos, cor e música tanto a pequenos hospitalizados como a familiares que os acompañan.

Esta é a Dra. Mandarina, que impartirá o obradoiro no I.E.S Chapela.

A Run Run Xogos e Enredos



A Run Run Xogos e Enredos, será unha das empresas , que asistirán o día 5 de Maio ao I.E.S Chapela ás xornadas de intervivencia entre este instituto e o I.E.S A Xunqueira I.. 
É unha empresa adicada a animación de actividades lúdicas que ten como obxectivo ofrecer actividades baseadas no teatro, a cultura, o ocio e o tempo libre.