lunes, 2 de mayo de 2011

CASAS DE FAMILIA, ARELA. poñente: Mayte Celeiro

http://www.arela.org/

ARELA nace en setembro de 1998 coa misión de fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
 Na nosa provincia contamos con dous recursos, un en Vigo e outro en Pontevedra.

Tras unha breve introdución da nosa poñente sobre as casas de familia e dos centros de día da fundación Arela, Mayte propúxonos unha dinámica repartindo dous modelos de ficha por grupos, unha dun centro de día e outra dunha casa de familia, na que tiñamos que por características sobre o que nós pensabamos destas entidades coa finalidade de aclarar as diferencias entre ambas.
A continuación deixounos un ratiño para que fixésemos preguntas para resolver dúbidas, un dos aspectos máis interesantes porque nos puxo como exemplos casos reais da súa experiencia.
De seguido, repartiunos outra ficha na que tivemos que decidir por grupos cómo afrontar diferentes obxectivos a través de actividades. A cada grupo deunos unha área diferente.
...

MÉTODO LOCZY impartido por Diana.

Diana nos ofreció, con esta experiencia, un punto de vista diferente al que estamos acostumbrados...
continuará e en proximos capitulos a experiencia de brasil.

EXPERENCIA UN MAR DE SENSACIÓNS, impartida por Sara Posada

Sara Posada traballa en "Van Divulgación Cultural S.L" creada no 2003, que se encarga de organizar,planificar e producir proxectos educativos e culturais.
Sara viu a promocionar o museo  do Mar e o museo de Salinae; e a mostrar a oferta pedagóxica que ofrecen o público en concreto o infantil. Ensinounos as técnicas que eles empregan para adaptar a información  que queren transimitir aos nenos, a pesar de non contar cunha educadora  na súa plantilla que os poida orientar nunha mellor adaptación das súas actividades .Ofreceunos a posibilidade de realizar as prácticas na súa empresa, animades-vos?

domingo, 17 de abril de 2011

As xornadas na prensa

I Xornadas de educación infantil. Intervivencia IES Xunqueira 1- IES Chapela.
Así recollía o Diario de Pontevedra as nosas xornadas.

Diario de Pontevedra 13-4-2011

Diario de Pontevedra 14-4-2011

(Unha vez aberto o enlac, facer doble click na imaxe para abrila e poder vela máis grande)

viernes, 15 de abril de 2011

As alunmas do IES A Xunqueira I dan a benvida aos compañeiros e compañeiras do IES de Chapela.

O primeiro día de xornadas varios ponentes amosáronos diferentes experiencias para o noso futuro como educadores e educadoras infantiles.


miércoles, 13 de abril de 2011

O día 13 de abril no IES da Xunqueira I en Pontevedra deron comezo unhas xornadas 

"I intervención Chapela – Xunqueira”


Comezamos dandolle a benvida aos compañeiros e compañerias de Chapela coa búsqueda do chupete de identificación.

Posteriormente asistimos a unha charla todos xuntos de Xesús Fortes.

Durante o descanso o grupo de animación elaborou un obradoiro de pulseiras

Para rematar o día por grupos de 26 personas asistimos a diferentes experiencias:

            Método Loczy
            Experciencia educativa en Brasil
            Casas de familia
            Un mar de experiencias

jueves, 7 de abril de 2011

VAN DIVULGACIÓN


Esta é a última experiencia confirmada para o mércores 13 na Xunqueira: "Un mar de sentidos" e "Salinae". A primeira e a experiencia que desenvolven no Museo do Mar de Vigo, e a segunda a desenvolvida nas salinas de Vigo.
Constituida en 2003, Van Divulgación Cultural, deseña, planifica e produce proxectos culturais e educativos. Van proporciona solucións integrais en difusión cultural, xestión, coordinación e promoción de actividades de educación cultural e medioambiental. Nestes oito anos de traxectoria no sector da xestión cultural ligada aos principais organismos públicos galegos creáronse os departamentos pedagóxicos do MARCO, o Museo do Mar de Galicia, a Fundación Laxeiro e o CAT (Centro de Artesanía Tradicional de Vigo). No Museo do Mar, nos últimos cinco anos desenvolvemos actividades como a atención ao público, a xestións dos grupos de turistas e escolares, o departamento pedagóxico, a redacción de unidades didácticas e outros elementos de difusión.

ASÍ PREPARAMOS AS XORNADAS EN A XUNQUEIRA 1...
grupo de audiovisuais

grupo de animación


grupo de avaliación

grupo de publicidade e decoración

grupo de materiais e espazos

grupo de publicidade

decorando caixas

preparando murais

identificacións

chupetes

grupo de publicidade

miércoles, 6 de abril de 2011

FoToS Da PrEpARAcIóN dA iNtErViVeNcIa


                                                                         ToDoS                            






                                      AnImAcIóN---------->




<------------PuBLicIdAdE






                             SoPOrTe TéCnIcO-------->





               SoPoRtE tÉcNiCo -------------->





                                   SoPOrTe TéCnIcO------->












                                   I












                                 AnImAcIóN----------->





<----------AvALiaCiÓn









<-------AvALiaCióN






<------------OrGaNiZaCióN dO aMbiEntE





                       PuBLiCiDaDe------------>
 






<---------OrGaNiZaCiÓn Do AmBIeNtE

As doulas.

Atopamos nova información na rede sobre o traballo das doulas, que vos axudará a comprender a súa labor.
As doulas axudan ás futuras nais a vivir un embarazo consciente, apoiándoas durante e despois deste proceso. Este apoio emocional das doulas:
  • contribúe á redución da taxa de cesáreas.
  • reduce a duración do parto e o uso de analxésicos.
  • as nais amosan menos ansiedade e depresión post-parto.
  • teñen maior confianza co seu bebé.
  • contan cunha maior probabilidade dunha lactancia exitosa.

viernes, 1 de abril de 2011

Noticia de última hora.

Andrea Bayer, non poderá asistir o obradoiro que estaba previsto para o 5 de maio ás dez da mañá.Estamos buscando novas alternativas, ela mesma nos está axudando a buscar novos talleres.
Se coñecedes a alguén ou tedes algún contacto que traballe no ámbito infantil, con contacontos, non dúbides en publicalo no blog.

jueves, 24 de marzo de 2011

Lucía, doula. Fundación Eomaia

http://www.youtube.com/watch?v=7JC2X_KT2yY

Lucía, doulaserá  outra das responsables de ofrecer un obradoiro en Chapela no mes de maio.
A Fundación Eomaia, constitúese en resposta a unhas necesidades e demandas sociais, e desa experiencia nace a necesidade de desenvolvelas dentro dun ámbito humano, procurando redes de colaboración e comunicación.
O seu propósito é resolver, crear confianza, garantir recursos e ampliar posibilidades nos temas vitais: respecto humano e da natureza, acompañamento ás nais desfavorecidas , amor á vida e o seu desenvolvemento.

Andrea Bayer. Galitoon

                             http://www.youtube.com/watch?v=HARxQR4mmKk


Galitoon é unha empresa galega de TV, teatro e espectáculos, que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación por encontrar un selo propio e un modelo creativo de negocios basado en contidos intelixentes. Está composta por un equipo interdisciplinario e bicultural (España e México) que suma a experiencia profesional dos seus integrantes: producción e dirección de TV (cultural, educativa e de entretemento), construcción e operación de títeres (muppets), deseño e elaboración de escenografías, dramaturxia e actuación, producción de espectáculos, experimentación con TICs, educación, etc..
Será Andrea Bayer, integrante do grupo Galitoon, a encargada de levar a cabo o obradoiro organizado en Chapela.

Luís Prego Fernández



Temos o pracer de comunicarvos, que Luís Prego Fernández, autor do libro "Para Cantar e Bailar", será o responsable de levar a cabo outro dos talleres  das xornadas de intervivencia, o día 5 de Maio no I.E.S Chapela.
Este libro é unha recompilación de 23 xogos tradicionais que incorporan melodía combinando a canción e o baile, que Luís Prego Fernández recolleu ao longo da súa dilatada experiencia como profesor en diferentes grupos de baile.

Fundación Theodora


Confírmase a asistencia da Fundación Theodora para a realización dun obradoiro na data fixada  (5 de Maio)      ás xornadas que se levarán a cabo entre o I.E.S Chapela e o I.E.S a Xunqueira I.
Dende marzo de 2000, esta fundación traballa co obxectivo de aliviar o sufrimento dos nenos hospitalizados, a través da risa. Para isto, forma aos chamados Doutores Sorriso, artistas profesionais, especialmente preparados para traballar no medio hospitalario. Cada tarde os Doutores Sorriso, visitan habitación por habitación aos nenos ingresados nos 20 hospitais españois, nos que traballa a Fundación Theodora, levando sorrisos, cor e música tanto a pequenos hospitalizados como a familiares que os acompañan.

Esta é a Dra. Mandarina, que impartirá o obradoiro no I.E.S Chapela.

A Run Run Xogos e Enredos



A Run Run Xogos e Enredos, será unha das empresas , que asistirán o día 5 de Maio ao I.E.S Chapela ás xornadas de intervivencia entre este instituto e o I.E.S A Xunqueira I.. 
É unha empresa adicada a animación de actividades lúdicas que ten como obxectivo ofrecer actividades baseadas no teatro, a cultura, o ocio e o tempo libre.