lunes, 2 de mayo de 2011

CASAS DE FAMILIA, ARELA. poñente: Mayte Celeiro

http://www.arela.org/

ARELA nace en setembro de 1998 coa misión de fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
 Na nosa provincia contamos con dous recursos, un en Vigo e outro en Pontevedra.

Tras unha breve introdución da nosa poñente sobre as casas de familia e dos centros de día da fundación Arela, Mayte propúxonos unha dinámica repartindo dous modelos de ficha por grupos, unha dun centro de día e outra dunha casa de familia, na que tiñamos que por características sobre o que nós pensabamos destas entidades coa finalidade de aclarar as diferencias entre ambas.
A continuación deixounos un ratiño para que fixésemos preguntas para resolver dúbidas, un dos aspectos máis interesantes porque nos puxo como exemplos casos reais da súa experiencia.
De seguido, repartiunos outra ficha na que tivemos que decidir por grupos cómo afrontar diferentes obxectivos a través de actividades. A cada grupo deunos unha área diferente.
...

MÉTODO LOCZY impartido por Diana.

Diana nos ofreció, con esta experiencia, un punto de vista diferente al que estamos acostumbrados...
continuará e en proximos capitulos a experiencia de brasil.

EXPERENCIA UN MAR DE SENSACIÓNS, impartida por Sara Posada

Sara Posada traballa en "Van Divulgación Cultural S.L" creada no 2003, que se encarga de organizar,planificar e producir proxectos educativos e culturais.
Sara viu a promocionar o museo  do Mar e o museo de Salinae; e a mostrar a oferta pedagóxica que ofrecen o público en concreto o infantil. Ensinounos as técnicas que eles empregan para adaptar a información  que queren transimitir aos nenos, a pesar de non contar cunha educadora  na súa plantilla que os poida orientar nunha mellor adaptación das súas actividades .Ofreceunos a posibilidade de realizar as prácticas na súa empresa, animades-vos?