jueves, 24 de marzo de 2011

Fundación Theodora


Confírmase a asistencia da Fundación Theodora para a realización dun obradoiro na data fixada  (5 de Maio)      ás xornadas que se levarán a cabo entre o I.E.S Chapela e o I.E.S a Xunqueira I.
Dende marzo de 2000, esta fundación traballa co obxectivo de aliviar o sufrimento dos nenos hospitalizados, a través da risa. Para isto, forma aos chamados Doutores Sorriso, artistas profesionais, especialmente preparados para traballar no medio hospitalario. Cada tarde os Doutores Sorriso, visitan habitación por habitación aos nenos ingresados nos 20 hospitais españois, nos que traballa a Fundación Theodora, levando sorrisos, cor e música tanto a pequenos hospitalizados como a familiares que os acompañan.

Esta é a Dra. Mandarina, que impartirá o obradoiro no I.E.S Chapela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario